QUEN SOMOS
AFRICOR-CORUÑA é unha Asociación Provincial de gandeiros, sen ánimo de lucro, creada en 1.992, para a realización do Control Leiteiro Oficial na provincia da Coruña. Esta entidade aglutina as ganderías interesadas na mellora xenética do gando de Raza Frisona. Para recibir os servizos desta organización é necesario darse de alta como asociado.
AFRICOR-CORUÑA, e unha das catro asociacións, integradas na Federación Frisona Galega (FEFRIGA), entidade encargada da xestión do Libro Xenealóxico da Raza Frisona en Galicia, por delegación da Confederación de Asociacións de Raza Frisona (CONAFE).
O Control Leiteiro, é un programa que permite, a través dos datos recollidos por parte dos controladores, nas visitas mensuais que realizan as ganderías asociadas, participar na mellora xenética da Raza Frisona, e ao mesmo tempo, xerar información válida para a xestión técnico-económica da propia granxa.
Nas visitas as granxas, os técnicos de AFRICOR-CORUÑA, durante o muxido, recollen a produción individual de cada vaca, ademais de extraer unha mostra de leite, para enviar ó Laboratorio Lácteo interprofesional Galego (LIGAL), co obxecto de analizar a súa composición. Os controladores, tamén recompilan, datos reprodutivos, partos, etc.
A información xerada polo Control Leiteiro, serve de soporte para a avaliación xenética dos machos e femias reprodutores da Raza Frisona. Ademais as explotacións inscritas no Control Leiteiro, reciben informes de gran importancia para orientar a selección xenética, alimentación, calidade do leite, sanidade, reprodución, etc, do gando, co obxectivo de mellorar a rendibilidade.
En 2020, AFRICOR-CORUÑA, ten 27 técnicos controladores, e 2 persoas na oficina, que dan servizo a mais de 900 ganderías, que contan cun censo de 72.000 vacas reprodutoras, e 120.500 animais inscritos no Libro Xenealóxico.
ESTRUTURA
XUNTA DIRECTIVA
NOME |
CARGO |
Fernando Suárez Mouro |
Presidente |
Andrés Formoso Vázquez |
Vicepresidente |
Ramón Bodelo Pichel |
Secretario |
Javier Casás Gómez |
Tesoureiro |
José Manuel Lado Pérez |
Vogal |
Miguel Pazos Nuñez |
Vogal |
Adrián Varela Pérez |
Vogal |
PERSOAL OFICINA
NOME |
APELLIDOS |
Marcos Costoya Vázquez |
Director Técnico |
TÉCNICOS DE CAMPO
NOME |
POSTO |
Jose Antelo Vieito |
Coordinador |
Mª Carmen Castro Iglesias |
Controladora |
José Ramón Fernández Suárez |
Controlador |
Pedro Carlos Domínguez Calo |
Controlador |
Víctor Cao Botana |
Controlador |
José Manuel Caamaño Lago |
Controlador |
José Bouzas Lois |
Controlador |
José Ramón Rodríguez Furelos |
Coordinador |
Tino Castelo Vázquez |
Controlador |
Jesús Manuel Rial Grille |
Controlador |
Xusto Mourín Sánchez |
Coordinador |
Ivan Fandiño Díaz |
Controlador |
Lorenzo Lourido Rial |
Controlador |
Pastor Sanjurjo Pérez |
Controlador |
Antonio Castro Silva |
Controlador |
José Eladio Castro Rodríguez |
Controlador |
Antonio Gómez García |
Controlador |
Mónica Casás Gómez |
Controladora |
Juan Fco. Rodríguez Vigo |
Controlador |
Juan Antonio Domínguez Calo |
Controlador |
Álvaro Costoya Valiño |
Controlador |
Manuel Senra Oreiro |
Controlador |
Mª Nieves Freire Freire |
Controladora |
Pablo Vázquez Martínez |
Controlador |
José Luis Antelo Grille |
Controlador |
Juan Carlos Suárez Vázquez |
Controlador |