15/12/2019 Action core  12

NOVA APLICACIÓN DE CONTROL LEITEIRO

Xa está dispoñible unha nova aplicación para teléfonos móbiles onde os gandeiros en Control Leiteiro poden consultar información relativa a súa explotación así como noticias do sector e animais en venda.

Esta aplicación, desenvolvida pola Consellería do Medio Rural en colaboración co Centro Galego de Control Leiteiro (CEGACOL), que engloba as catro Africores, xa esta dispoñible para teléfonos con Android na Play Store. Simplemente buscando polo nome de CEGACOL xa nos aparece a aplicación para descargar e instalar no móbil. Próximamente estará dispoñible para dispositivos con IOS.

Tamén se pode descargar dende a páxina web da Xunta de Galicia: APP CEGACOL

 

 

 

 

 

 

 

  APP CEGACOL

 

 

 

 

 

 

 

Unha vez instalada a aplicación, presenta esta pantalla.

Nesta pantalla, pulsando na esquina superior esquerda, desplega un menú no que, pulsando sobre configuración, amosa a pantalla para identificar o usuario.

No caso dos gandeiros, a identificación será mediante o CEA e a clave que teñen para acceder a páxina web do CEGACOL. No caso dos técnicos deberán introducir o nome de usuario e a clave coa que se derón de alta no CEGACOL, poidendo acceder as granxas nas que figuran de alta como técnicos.

 

A seguinte pantalla que aparece será:

CEGACOL

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nesta pantalla pódense activar as actualizacións automáticas e manter a sesión, de modo que sempre tera os datos actualizados e non será preciso volver a introducir o nome de usuario e contrasinal.

O reconto máximo de células somática, será o valor a partir do cal nos vai marcar a vaca cunha alerta. Este valor pódese cambiar, pero o aconsellable sería 100 para primerizas e 200 para vacas adultas.

 

Tras establecer a configuración, volvemos ao menú, e seleccionamos a gandería.

Pulsando sobre a frecha vertical, descarga os datos e sobre a frecha horizontal, deprega o menú da granxa.

CONTROL LEITEIRO

 

 Unha vez está descargada a gandería, presenta a seguinte pantalla:

cegacol

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pódese consultar o resumo do último control coas vacas agrupadas, igual que no informe mensual.

Pulsando sobre Reprodución, presenta varios índices reprodutivos e pulsando sobre Vacas, presenta o censo.

 

No listado das vacas temos a seguinte pantalla:

APP CONTROL LEITEIRO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alertas:

Marcando na primeira icona, amosará unicamente as vacas con algunha alerta.

As alertas que se indican son as seguintes:

  • - RCS maior ao valor establecido na configuración (200)

  • - Persistencia, relación entre a produción no control número 10 e no 4, mostrase nas vacas que realizan o décimo control.

  • - Nas vacas de primeiro control índicase o RCS do último control do parto anterior

  • - Cetose, vaca analizada de BHB

Se marcamos na segunda icona (ollo) xa nos amosa a incidencia de cada vaca

Tipo vacas:

x - xovencas

c - controladas

s - secas

Marcando nalgún dos tres grupos, presenta únicamente as vacas pertencentes a esa categoría.

Buscar

Introducir os catro últimos números do CIB de calquera vaca para buscala, independente de que teña outro nome, a búsqueda sempre se fai polo CIB.