23/03/2020 Action core  15

AVISO IMPORTANTE: Suspensión temporal do Control Leiteiro

Ante os feitos que están acontecendo durante os últimos días sobre a evolución da crises do Coronavirus COVID-19, vémonos na obriga de comunicarlles:

Dende AFRICOR CORUÑA, intentamos seguir dando o servizo de Control Leiteiro como pensamos que era a nosa obriga. Pero ante o agravamento de esta pandemia e a negativa e desconfianza de varios gandeiros a que se visitaran súas explotacións, decidimos suspender temporalmente o Control Leiteiro dende hoxe, 23 de marzo de 2020 ata que a situación se normalice.

Este parón inclúe todo traballo de campo e de oficina como:

- Realización do control leiteiro

- Extracción de mostras para xenotipos, filiacións, etc

- Venta de doses seminais e reparto do seme Campaña 2020

 

 

 

Por outra banda, procederemos a solicitude de un ERTE para os nosos empregados, que terá a vixencia do estado de alarma decretado.

No momento en que a situación estea superada, informaremos da volta a actividade. Esperamos o voso apoio e comprensión, moitas grazas e moita forza. Xuntos superaremos esta situación.

 

Para posibles dubidas durante este período poden chamar o seguinte teléfono:

CONTACTO: 666 820 242