AXUDAS PEL RELEVO DE CREACIÓN DE EMPREGO PARA A MOCIDADE
A Deputación da Coruña pon a disposición das pequenas e medianas empresas axudas para o fomento da contratación da xuventude no ámbito rural da provincia da Coruña.
Os requisitos que deben cumprir as empresas destinatarias da axuda son:
• Ser PEME, MicroPEME ou persoa Autónoma promotoras de iniciativas empresariais sostibles que desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro e estar inscritas no Rexistro mercantil ou dadas de alta no RETA.
• Contar cun modelo de negocio potenciador da economía verde, azul, circular ou sostible.
• Ter o centro de traballo ou domicilio fiscal nun concello da Coruña con poboación igual ou inferior a 5000 habitantes ou con poboación igual ou inferior a 10000 habitantes con saldo demográfico negativo.
• Estar ao corrente dos seus deberes tributarios e coa Seguridade Social.
As persoas xoves contratadas deberán:
• Ter entre 16 e 30 anos.
• Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
• Estar empadronados nos territorios rurais dalgún dos 64 concellos incluidos nas bases reguladoras.
• Ser contratadas baixo a modalidade de indefinido a tempo completo.
Utilizamos cookies propias y de terceros para para realizar el análisis de la navegación de los usuarios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes cambiar la configuración u obtener más información aquí.