16/01/2024 Copia de iii poxa de gando fris%c3%93n  11

POXA SANTA COMBA 2024 E XORNADAS TÉCNICAS

O vindeiro Domingo 21 de Xaneiro celebrarase no recinto feiral de Santa Comba a XXII POXA DE GANDO FRISÓN.

No marco de esta celebración, tamén se realizarán unhas xornadas técnicas no edificio multiusos, que se realizarán o venres 19 a partir das 11:00 da mañá. Darán comenzo con uha ponencia sobre o veterinario da explotación, organizada pola Cooperativa Xallas. Gerardo Rivero e José Antonio Varela, membros dos Servizos Oficiais da Xunta de Galicia, serán os encargados de explicar as diferentes actualizacións sobre prescipcións e uso dos medicamentos. A segunda parte da mañá, organizada por Africor Coruña, correrá a cargo de Ramiro Fouz, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, que falará de como mellorar a retabilidade das granxas cos datos de control leiteiro.

Para o domingo ademáis da poxa que se realizará o longo da mañá, contaremos pola tarde con unha xornada de poda e un obradoiro de trasnformación láctea.

PROGRAMA XORNADAS TÉCNICAS

CATÁLOGO POXA